Benvidos

benvidos a casal dezaoito

1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11

Ideal para aqueles que queren coñecer a provincia de A Coruña e fuxir ó mesmo tempo das grandes cidades.

Foi construída no 1821 e restaurada no ano 2003 mantendo a estrutura orixinal pero con toques modernistas no seu interior, respectando en todo momento os materiais de orixe. Está situada ás aforas de Ordes, vila duns 10.000 habitantes que se atopa na N-550, a estrada que une Santiago de Compostela (a 23 km) con A Coruña (a 34 km).

A casa ten 4 mini-apartamentos e jacuzzi e sala de estar con cheminea, cociña e TV.

É un sitio ideal para relaxarte, pasear, apreciar o campo e á vez a súa proximidade a Ordes proporciónalle todo tipo de servizos (restaurantes de comida típica galega, cafeterías, pubs, supermercados, bancos, tendas, farmacias, centro de saúde).

Cremos que a súa localización é ideal para coñecer a provincia de A Coruña, posto que Santiago de Compostela se atopa a 20 minutos en coche e o mar a 40 minutos, con pequenos pobos pesqueiros cun encanto moi especial.